Información del Artículo
Picallo Fuentes, Heitor. En Cuntis, a “Casa Grande do Cabido Vello”.
Resumo: Dúas foron as edificacións que en plena vila do Baño (Cuntis – Pontevedra) pertenceron aos señores do Couto do Viso (A Estrada – Pontevedra): unha vivenda ao pé da burga Lume de Deus e A Casa Grande do Cabido Vello. O último dos inmobles, nalgún instante do medievo, debeu ser propiedade do capítulo catedralicio de Santiago, mais ambos os dous erguéronse sobre alicerces romanos. A do Cabido Vello, ademais, dispuña dunha construción auxiliar na que, curiosamente, o ilustrado Xosé Cornide Saavedra atopa embutidas, por 1768, un par de aras dedicadas ás ninfas.